O Xogo da Mámoa Icon
Download O Xogo da Mámoa

O Xogo da Mámoa

Con esta aplicación aprenderás máis que nunca sobre prehistoria e arqueoloxía porque o farás divertíndote!
Category Price Seller Device
Education Free Roberto Aboal Fernandez iPhone, iPad, iPod

Esta app é unha versión adaptada á Prehistoria do clásico Xogo da Oca. Para gañar tes que chegar o primeiro á cerimonia que se vai celebrar na gran mámoa situada na casiña final do taboleiro virtual. Pero non é tan sinxelo como parece! Vas ter que afrontar unha chea de perigos como fondos barrancos e densas brañas. Ademais, para avanzar deberás contestar correctamente ás preguntas sobre a Prehistoria que che faremos, pero tranquilo/a, ao principio tes unha sección con información que che axudará a non fallar ningunha.

Agora dinos, cantos anos tes?

Se es dos máis pequenos da casa podes empregar a opción do xogo sen preguntas, tiras o dado e avanzas.

Se tes entre 8 e 14 anos, parabéns! Está app é para ti. Podes xogar con amigos/as, pero tamén podes facelo só, neste caso terás que escoller entre tres robots adversarios, ten coidado un deles nunha falla!

Se es maior de 14, propoñémosche un reto: serás quen de chegar á mámoa da serra sen ler a información inicial sobre a prehistoria?

Reviews

Reviews not available.